mércores, 31 de outubro de 2018

CALACÚ PARA SAMAÍN


Boas a todo o mundo, xa chegou o Samaín (Hallowen) e ao mellor non tedes calacús para poder facer unha actividade cos voso peques, así que hoxe propoñemos unha variante que pensei fai  tempo do obradoiro das "caixas máxicas" con cus de botellas de refresco (que seguro moitxs xa fixechedes) e que queda moi aparente.


Materiais:



        - 2 botellas de refresco de 1 e 1/2 ou de 2 litros.


        - Papel hixiénico ou de cociña (tamén podemos pintar directamente).


        - Unha tira de cartón, dunha caixa de cereais por exemplo.


       - Cinta de papel ou adhesiva.


        - Cola branca.


        - Pincel


        - Rotus.


        - Tesoiras e/ou cutter.




Elaboración:

1º paso: cortamos os dous cus das botellas de refresco do mesmo tamaño, de xeito que encaixen un no outro (logo daremos un briconsello para que se peche e abra con facilidade).


2º paso: cubrimos os cus de botella con anacos de papel hixiénico (ou de cociña) golpeando suavemente cun pincel mollado en cola branca e auga disolva a partes iguais (podedes pegar pequenas boliñas de papel como se foran as "enrugas" dos calacús tipo Ruperta que tanto nos gustan). Agardamos a  que seque.


3º paso: Pintamos toda a superficie con acrílico (ou tempera) laranxa (tamén podemos mesturar vermello e amarelo e así practicamos a obtención de cores).



  4º paso: Cando a pintura este seca, collemos un rotulador negro, preferentemente, pintamos os ollos, nariz e boca do noso calacú coma desexemos, e tiramos tamén unhas liñas que unan os centros dos cus de botella para dar un efecto  más realista.



5º paso: cortamos unha tira ancha de cartón dunha caixa de cereais ou galletas e medimos a circunferencia interna dunha de las partes do noso calacú. A pegamos polo interior con cinta adhesiva, repartindo o ancho metade dentro metade fora. Así poderemos abrir pechar o nosos calacú tantas veces como desexemos.



6º paso: Agora queda xenial darlle un pouco de purpurina amarela, vermella e/ou laranxa para darlle brillo.




E xa esta, agora podemos decorar, poñer unha luz ou gardar dentro unhas chuches "terroríficas". Tamén vos queda a a foto de dúas "arañas" (unha dun so ollo e outra máis longa) que poden acompañarao vos calacú na mesa, so tedes que pintar unhas boliñas dun desodorizante rolon o facelas con papel, pintar das cores que máis vos gusten e pegalas a uns limpapipas de cores. Agardamos vos gustara.



Se queredes información da Wikipedia sobre Samaín podedes consultar este enlace:  https://es.wikipedia.org/wiki/Samhain#Samhain_.28Sama.C3.ADn.29_en_la_cultura_gallega

VARIANTE DE CALACÚ CUN BOTE DE CREMA



Logo pensamos en realizar outro calacú cun bote de crema para o pelo ou as mans, Soamente tedes que pintar o deseño que logo ides recortar, pintar o bote de cor laranxa e colocarlle á tapa unha lanciña de cor amarelo (opcional). Despois lle puxemos acetato (dalgunha caixa que teñades pola casa de roupa, calcetíns, etc...) e un pequeno led. Así podedes gardar dentro unhas chuches e iluminar pola noite a vosa habitación. Os deixamos as fotos dos materiais e o proceso (tamén lles fixemos uns amiguiños: o morcego e a bruxiña. Feliz e terrorífico Samaín.
 
MATERIAIS
 
PINTAR DISEÑO

RECORTAR

VACIAR RESTOS DO CORTE
ENGDIR ACRÍLICOVERMELLO E AMARELO

MISTUAR PARA OBTER LARANXA
PINTAR TODO O "CALACÚ"

E DEIXAR SECAR BOCA ABAIXO
CRAVAR UNHA LANZIÑA AMARELA NA TAPA. POR DENTRO CUBRIR CON PLASTILINA OU CORCHO.

PODEMOS POÑER UN PEQUENO LED DENTRO E ACETATO PARA DARLLE USO COMO CAIXA DE CHUCHES E QUE ILUMINE A NOSA HABITACIÓN POLA NOITE.
FACERLLE UNS AMIGUIÑOS DE SAMAÍN PARA QUE TEÑA COMPAÑA

HABELAS HAILAS